Centros de recuperación
Contamos con tres grandes plantas de tratamento autosuficientes en Galicia para a xestión de residuos, sumando só entre estes centros máis de 100.000 m² dedicados en exclusiva a este labor.
O control que se realiza sobre os residuos dende a súa recepción en planta é exhaustivo, dende a identificación inicial, pasando pola clasificación e o procesado, ata a súa saída de planta.
As nosas instalacións están habilitadas e foron deseñadas para o axeitado tratamento de residuos de carácter metálico e non metálico.