Recursos

Contamos cun equipo humano de técnicos especializados altamente cualificados e cun equipamento mecánico e industrial á vangarda dentro do sector.

Ademais de posuír a maior frota de camións do sector en Galicia, dispoñemos de maquinaria para a realización de todo tipo de traballos no exterior.

Equipo humano

Técnicos profesionais

IMG-20170117-WA0076

Con medio centenar de traballadores, Francisco Mata S.A. conta cun equipo de profesionais e técnicos contrastados con ampla experiencia no sector e coa formación necesaria para desenvolver calquera tipo de tarefa, simple ou complexa, relacionada co noso labor da forma máis eficiente e segura.

A creación de equipos multidisciplinares para despezamentos e traballos no exterior e os estudos desenvolvidos polos nosos enxeñeiros permítennos ofrecer unha serie de servizos especializados de gran calidade.

Equipamento industrial

Maquinaria, tecnoloxía e técnicas

DSC_0433

Dispoñemos de todo tipo de maquinaria tanto para a manipulación coma para o procesado, o que nos permite ofrecer unha gama de produtos propios moi heteroxéneos, a través do procesado do material mediante cisallas, compactador, trituradoras, etc.

Ademais, a nosa Planta de Fragmentación (única en Galicia) grazas aos seus 2.500 CV e cunha capacidade de produción de 450.000 toneladas ao ano permítenos descompoñer os residuos complexos, o que fai que a separación e clasificación posterior nas liñas sexa moito mais eficiente.

Equipamento móbil

Traballos no exterior: despezamentos e desmontaxes

Desguaces-PUERTO-EXTERIOR2

Especializados en despezamentos industriais, dispoñemos de experimentados profesionais e da maquinaria necesaria para garantir a máxima seguridade e o mínimo impacto durante o proceso.

Estamos preparados para realizar este tipo de actividade tanto en espazos abertos coma confinados.

Contamos tamén cunha dilatada traxectoria no despezamentos naval e ferroviario.

Ademais dispoñemos de maquinaria para realizar o procesado do residuo fóra de planta (trituradoras, cisallas, prensas, etc.).

Loxística

Transporte e recollida

IMG-20130419-WA0002

A nosa frota de camións equipados con grúa permítenos abranguer toda Galicia e as rexións lindantes de España e norte de Portugal, sendo posíbel a recollida do residuo e a súa carga polos nosos propios medios ata os nosos centros de recuperación.

Dispoñemos de colectores de todo tipo de tamaños para as empresas que requiran este servizo que lles permita facilitar o labor de almacenaxe e recollida dos seus residuos.

O noso tempo de reacción dende o aviso ata a recollida é inmediato.

I+D+i

Investigación, desenvolvemento e innovación

Pistola-analisis

En Francisco Mata S.A. estamos nun proceso permanente de exploración á busca de novas solucións ambientais co obxectivo de mellorar os nosos produtos e mostrarnos máis eficientes.

Levados a cabo polos nosos enxeñeiros e técnicos ambientais, desenvolvemos todo tipo de proxectos de xestión residual e optimización, para uso propio ou dos nosos provedores.

Este labor permítenos ofrecer cada vez uns produtos de maior calidade aos nosos clientes e un servizo en constante mellora.

Plantas de reciclaxe

Centros de recuperación

PLANTAS

Contamos con catro grandes plantas de tratamento autosuficientes en Galicia para a xestión de residuos, sumando só entre estes centros máis de 100.000 m² dedicados en exclusiva a este labor.

O control que se realiza sobre os residuos dende a súa recepción en planta é exhaustivo, dende a identificación inicial, pasando pola clasificación e o procesado, ata a súa saída de planta.

As nosas instalacións están habilitadas e foron deseñadas para o axeitado tratamento de residuos de carácter metálico e non metálico.