Historia

A historia de Francisco Mata S.A. comeza o 1 de xaneiro de 1950 cando o seu fundador, Don Francisco Mata Cuesta, vende os seus primeiros ferros na feira que abría o ano en Betanzos.

ANOS-70

Así comeza un labor de profesionalización progresiva grazas a unha gran dedicación e a unha vontade de constante mellora que pronto situou a compañía á vangarda dentro do sector.

Froito desta inquietude e dos coñecementos adquiridos a través da curiosidade, as viaxes e a experiencia, a compañía introduciu técnicas e maquinaría pioneiras no noso país, que aínda se manteñen vixentes.

Hoxe, co inconformismo que nos caracteriza, continuamos esta fase de continuo desenvolvemento iniciada hai máis de 60 anos, co claro obxectivo de seguir realizando un labor beneficioso dentro da nosa comunidade.

Asociados a:

SIDERO_586

SIDERO: Asociación Provincial de Empresas Siderometalúrxicas de A Coruña