Compromiso

Francisco Mata S.A. é unha empresa que se caracteriza durante os seus máis de 60 anos de historia polo seu pleno compromiso para cos nosos clientes e provedores, o medio ambiente e a sociedade.

Angrois

Desempeñamos o noso labor, en continua fase de desenvolvemento e mellora, coa máxima seguridade e en busca do mínimo impacto para realizar unha xestión respectuosa para o medio, e cómoda e eficaz para os nosos clientes.

Mostrámonos ademais orgullosos dos nosos produtos, valorados sempre dentro da excelencia, sendo un dos maiores provedores de materia prima para as fundicións deste país.

De acordo coa información sobre os adiamentos de pago efectuados a provedores. Disposición adicional terceira. “Deber de información” da lei 15/2010, do 5 de xullo:

O período medio de pago a provedores da empresa Francisco Mata, S.A. no ano 2015 é de 18,50 días.