Nós

Somos unha empresa afincada en Galicia cuxa actividade se centra na recuperación e venda de produtos siderometalúrxicos.

NOSOTROS

Áreas de xestión

A nosa empresa conta con numerosos permisos emitidos pola Xunta de Galicia para a xestión autorizada e o transporte de diferentes residuos, tanto de orixe industrial coma de orixe urbana, residuos perigosos e non perigosos.

AREAS-GESTION

  • Ferros e ferralla
  • Metais: aluminio, cobre, chumbo…
  • Aliaxes: aceiro inoxidable, bronce, latón…
  • Baterías
  • Vehículos fóra de uso
  • Compoñentes
  • RAEE (aparellos eléctricos e electrónicos)
  • Residuos voluminosos
  • Envases
  • Madeiras
  • Mestura de residuos municipais
  • Etc.

Produtos

ALUMINIO-paquete-bote

A partir do procesado dos residuos ofrecemos unha gran variedade de produtos resultantes para a súa reutilización como materia prima.

Servizos a empresas

SERVICIOS-A-EMPRESAS

Ofrecemos todo tipo de servizos e solucións ambientais que adaptamos en función dos estudos que realizamos para cubrir as necesidades de cada empresa.

Ocupámonos das diferentes xestións que se requiren e garantimos a mellor valorización e servizo, así como unha xestión responsábel e eficiente, desempeñando todos os labores e trámites que atinxen á normativa ambiental actual.

Residuos

  • Xestión integral dos residuos
  • Aceptación de todo tipo de residuos metálicos
  • Descontaminación
  • Certificado de destrución

Servizos especializados

  • Asesoramento ambiental
  • Plans personalizados
  • Análise de materiais e calidades

Loxística

  • Servizo de transporte, carga e recollida
  • Servizo de contedores

Despezamentos

  • Despezamento e desmontaxe de instalacións industriais
  • Despezamento ferroviario e naval
  • Certificado de destrución

Outros medios

  • Control de contaminación radiactiva
  • Destrución e inutilización. Emitimos certificado de destrución total e de fragmentación dos compoñentes confiados
  • Descontaminación, limpeza e resolución dos problemas

Compromiso

Angrois

Francisco Mata S.A. é unha empresa que se caracteriza durante os seus máis de 60 anos de historia polo seu pleno compromiso para cos nosos clientes e provedores, o medio ambiente e a sociedade.

Desempeñamos o noso labor, en continua fase de desenvolvemento e mellora, coa máxima seguridade e en busca do mínimo impacto para realizar unha xestión respectuosa para o medio, e cómoda e eficaz para os nosos clientes.

Mostrámonos ademais orgullosos dos nosos produtos, valorados sempre dentro da excelencia, sendo un dos maiores provedores de materia prima para as fundicións deste país.

Esforzo e dedicación

Desguaces-EOLICOS

Poñemos todo o noso empeño no labor que realizamos coa meta de alcanzar a excelencia no noso traballo e mostrámonos plenamente satisfeitos de ter unha carteira de clientes e colaboradores, tanto públicos coma privados, dos que nos compracemos.

Historia

ANOS-70

A historia de Francisco Mata S.A. comeza o 1 de xaneiro de 1950 cando o seu fundador, Don Francisco Mata Cuesta, vende os seus primeiros ferros na feira que abría o ano en Betanzos.

Así comeza un labor de profesionalización progresiva grazas a unha gran dedicación e a unha vontade de constante mellora que pronto situou a compañía á vangarda dentro do sector.

Froito desta inquietude e dos coñecementos adquiridos a través da curiosidade, as viaxes e a experiencia, a compañía introduciu técnicas e maquinaría pioneiras no noso país, que aínda se manteñen vixentes.

Hoxe, co inconformismo que nos caracteriza, continuamos esta fase de continuo desenvolvemento iniciada hai máis de 60 anos, co claro obxectivo de seguir realizando un labor beneficioso dentro da nosa comunidade.

Asociados a:

SIDERO_586

SIDERO: Asociación Provincial de Empresas Siderometalúrxicas de A Coruña