Medio ambiente

Conciencia e compromiso. Son as premisas coas que traballamos no noso ámbito e para a sociedade.

Medio-Ambiente-Nina

Medio ambiente

En Francisco Mata S.A. temos o convencemento de que calquera acción que levemos a cabo para mellorar o noso ámbito, por grande que sexa, non é dabondo, por iso imos máis aló da regra das tres erres (reducir – reutilizar – reciclar) engadindo unha cuarta: recuperar.

O desenvolvemento da nosa actividade dun modo sostible e a recuperación responsábel son as pautas que nos marcamos para realizar unha actividade capital á hora de optimizar recursos e reducir o número de residuos que xeramos no ámbito domestico e industrial.

O noso obxectivo é a recuperación a través dunha formulación innovadora, minimizando impacto e convertendo refugallos en materia prima, para que unha vez finalizada a vida dun produto o ciclo non se deteña, posibilitando un novo punto de partida, diminuíndo así a explotación de recursos naturais.

Consultar > Política de calidade e ambiental

Empresa certificada:

ISO 9001 - ISO 14001

Residuos

Urbanos e industriais

HIERRO-Bote

Ofrecemos a organismos e empresas unha Xestión Integral de Residuos, sexan estes de carácter urbano ou industrial, perigosos ou non perigosos.

Contamos con todos os permisos necesarios para realizar o noso traballo coa garantía legal, os medios técnicos e a experiencia que require desempeñar un labor complexo e ofrecer deste xeito aos nosos clientes e provedores a garantía e seguridade dunha correcta entrega dos seus residuos.

SIRGa

SIRGA: Sistema de Información de Residuos de Galicia

Contamos con numerosas autorizacións para o transporte e a xestión de residuos.

Asociados a:

FER_586

FER: Federación Española da Recuperación e o Reciclaxe

SIGRAUTO_586

 SIGRAUTO: Asociación Española para o Tratamento Medioambiental dos Vehículos Fóra de Uso